DISTROFIA MUSCULAR (II): DISTROFIA MUSCULAR DE CINTURA E EXTREMIDADES

(......./......)
DISTROFIA MUSCULAR DE CINTURA E EXTREMIDADES

A distrofia muscular de cintura (DMC) non é en realidade unha soa enfermidade. É un grupo de desordes que afecta aos músculos voluntarios, principalmente ao redor das cadeiras e os ombreiros -cintura escapular e cintura pélvica-, coñecidos tamén como os aneis óseos. A idade de aparición da enfermidade está entre os 8 e 27 anos, aínda que hai algúns pacientes asintomáticos na súa terceira década de vida.

A través do tempo (xeralmente moitos anos), unha persoa con este tipo de distrofia perde volume e forza muscular. Eventualmente, poderá requirir unha cadeira de rodas.

Ambos sexos vense afectados por igual. Cando a distrofia muscular de cintura inicia na nenez, algúns médicos din que o avance é xeralmente máis rápido e que a enfermidade é máis incapacitante. Cando a enfermidade inicia na adolescencia ou na idade adulta, din que xeralmente non é tan severa e avanza máis lentamente. Na actualidade non se pode predicir con certidumbre o avance deste tipo de distrofia.


Síntomas
A distrofia muscular de cintura en si non é unha enfermidade mortal. A maior parte do perigo provén do adelgazamento do corazón ou dos músculos respiratorios.

Moitas veces, as persoas afectadas primeiro danse conta do problema cando empezan a camiñar "coma un pato", debido á debilidade dos músculos das cadeiras e as pernas. Pode dificultárselle levantarse dunha cadeira, do asento do escusado, subir escaleiras....

A debilidade na zona dos ombreiros pode dificultarlles subir os brazos por encima da cabeza, manter os brazos estirados ou cargar obxectos pesados. Pode ser cada vez máis difícil deter os brazos encima da cabeza en actividades tales como peitearse ou arranxar cousas en repisas altas. A algunhas persoas dificúltaselles escribir no teclado do ordenador ou en calquera outro teclado e posiblemente ata poidan ter problemas para alimentarse.

Actualmente pódense distinguir subtipos diferentes de DMC mediante análises xenéticas e de proteínas.
(...../......)

FONTE: infogen

Ningún comentario:

Publicar un comentario