GUÍA ESCOLAR. DISTROFIA MUSCULAR

O termo distrofia muscular fai referencia a un grupo de enfermidades hereditarias e progresivas que producen debilidade dos músculos estriados, que son os que producen os movementos voluntarios do corpo humano. 
Caracterízanse por alteracións nas proteínas musculares que ocasionan a morte das células que compoñen este tecido.
 Os primeiros síntomas adoitan aparecer na infancia. Existen diferentes variedades de distrofia muscular, cada unha delas presenta unhas características específicas. A forma máis usual é a Distrofia muscular de Duchenne que afecta a homes e é transmitida xeneticamente polas mulleres, preséntase un caso por cada 3500 nacementos de sexo masculino.


No hay comentarios:

Publicar un comentario