NOVAS TECNOLOXÍAS PARA CONTROL DO COLO E TRONCO, EN NENOS E NENAS CON PC

Para pacientes sen control de pescozo nin tronco, onde a bipedestación tense que realizar moi asistida ou non é posible. Actualmente existe pouca literatura científica acerca de tratamento de rehabilitación para este tipo de pacientes, e é precisamente por este tipo de demanda, para pacientes con tanta afectación motora, pola que se desenvolve este proxecto que vos achegamos en Efisiopediatric.

O dispositivo ENLAZA

O proxecto ENLAZA nace entre a interacción de dous tipos de profesionais; os clínicos e os enxeñeiros, co obxectivo de crear unha ferramenta para a rehabilitación da columna cervical.

O dispositivo ENLAZA (Werium AS®) é un sensor inercial, colocado na fronte do paciente mediante unha cinta, e conéctase ao ordenador por Bluetooth. Este ofrece a posibilidade de poder mover o cursor na dirección desexada coa súa cabeza e á súa vez rexistrar as alteracións motrices co obxectivo de diminuír os movementos involuntarios, unha das partes máis discapacitantes para estes pacientes.

Circus Therapy Game é unha nova e dinámica ferramenta de rehabilitación, permitindo aos nenos e nenas con parálise  cerebral, realizar exercizos de forma divertida e atractiva. 
Circus Therapy Game pódese pedir na súa web a un precio de 295 euros.
           

FONTE: Efisiopediatric

No hay comentarios:

Publicar un comentario