O CONTROL DO ORDENADOR A TRAVÉS DA MIRADA: Tobii

No caso de persoas con discapacidade motora pode ocorrer que teñan dificultades ou imposibilidade para manexar un rato e/ou un teclado. Para eses casos desenvolveuse este recurso, que permite o control total do ordenador polo movemento dos ollos.
Este equipo substitúe ao rato nas aplicacións para Windows.
Permite ao usuario colocar o punteiro do rato en calquera lugar da pantalla do ordenador simplemente mirando a ese punto. 
Realízase a pulsación dos botóns do rato parpadeando, ou ben, mantendo o punteiro no lugar desexado durante un tempo predeterminado.
En combinación cun teclado na pantalla permite ao usuario comunicarse por texto ou voz. Varias opcións para emular a pulsación dos botóns do rato proporcionan ao usuario acceso completo a todas as funcións de Windows, incluíndo pulsar, arrastrar, dobre pulsación, pulsar co botón dereito, etc.
O software está deseñado para executarse en segundo plano mentres o usuario utiliza calquera outra aplicación de Windows. 
Utilízase para escribir, navegar por Internet, correo electrónico, deseño asistido por computador, xogos...... 
Así pois,"Tobii PCEye" é un rato de mirada que pode ser instalado en calquera computador persoal con sistema operativo Windows. 


REQUISITOS FUNCIONAIS DO USUARIO: 

Para que o usuario poda utilizar este producto, require ter un bo control ocular, dispoñendo de funcións visuais con ningunha ou lixeira deficiencia 

FONTE: TecnoAccesible

No hay comentarios:

Publicar un comentario