ALTERNATIVAS E/OU COMPLEMENTOS Á MANIPULACIÓN: LICORNIO, VARIÑAS ...

O licornio é un tipo de axuda técnica que permite usar o teclado normal con movementos de cabeza a aquelas persoas que presentan unha discapacidade física ou motora, por exemplo unha persoa con tetraplexia que ten afectados os membros superiores e conserva un adecuado control dos músculos que dirixen a cabeza.
Este aparello consiste nun cabezal con punteiro (licornio) que se axusta por baixo da mandíbula mediante unha sistema de suxección. Este cabezal é de polietileno acolchado e forrado e o licornio é de aceiro inoxidable.
Para o uso do licornio necesítase un bo control cefálico, unha correcta disposición da pantalla que debe estar inclinada un pouco cara atrás para unha boa visibilidade. É convinte elevar o teclado o suficiente para evitar dores cervicais.
Ao licornio pódenselle axustar diversos accesorios, tales como  lapis, rotuladores, pinceis... e con el pódese teclear no ordenador, pintar, coller obxectos metálicos, desprazar pezas móbiles, sinalar, etc.
Como recurso para as TIC, pódese usar como punteiro sobre unha pantalla táctil ou simplemente como pulsador no teclado do ordenador, para iso necesítase unha carcasa de teclado para evitar pulsar varias teclas simultaneamente.
Como conclusión, o licornio é usado para achegar a aquelas persoas que padecen algún tipo de discapacidade física a unha vida máis autónoma.

FONTE: productos de apoio T.O.

VARIÑA BUCAL
As Variñas son  barras alongadas elaboradas con diferentes materiais que se usan como prolongadores finos que poden apuntar, sinalar ou pulsar. As de deseño simple consisten só nunha barra fina con punteiro, pero outras  están preparadas para ser axustadas cun adaptador á man (no caso de que a prensión sexa deficitaria). Existen mesmo varillas bucais, pulsador de pé.......
A Varilla bucal: manéxase coa boca, require bo control da musculatura  do cuello; utilízase para presionar as teclas, para pintar,.......

Nos casos nos que o maior control do movemento estea nos pés, pódese adestrar á persoa na utilización dos útis escolares ou de axudas técnicas cos pés.


No hay comentarios:

Publicar un comentario