DISLALIAS. ROTACISMO. GUÍA DE APOIO. 1º e 2º Primaria

Como explica Perelló (1981:264), “a causa de su delicado mecanismo de articulación, el fonema /r/ es el sonido más difícil de pronunciar en el lenguaje humano.” Por iso, o defecto na súa articulación é moi frecuente.
Pascual (1978) tamén expón unha serie de motivos que poden ser os causantes deste defecto, como por exemplo: a escasa habilidade motora, a persistencia de esquemas articulatorios infantís, as dificultades na percepción do espazo e o tempo, a falta de comprensión ou discriminación auditiva, a deficiencia intelectual e os factores psicolóxicos, ambientais ou herditarios.

Os exercicios propostos na guía están adaptados para ser traballados tanto no ámbito escolar como no ámbito familiar. Son materiais moi intuitivos e visuais que tentan aumentar o interese e a motivación no alumnado.


Unindo a esta guía de apoio, ás grandes vantaxes ofrecidas polas TICS, Zaloa Fernández, elaborou un blog, chamado "Erre que erre", co obxectivo de formar unha comunidade de aprendizaxe na que participar, compartir e distribuír o coñecemento e os recursos educativos necesarios para enfrontarse a este trastorno articulatorio. Evidentemente, tendo en conta o rango de idade ao que nos diriximos, todos os exercicios basearanse no xogo, considerando este como a ferramenta de aprendizaxe máis eficaz nesta etapa educativa.


ROTACISMO. GUÍA DE APOIO Zaloa Fernández









FONTE: orientacionandujar

UNHA LINDA HISTORIA DE AMOR. VÍDEO.


POSIBILIDADES DE ACCESO AO ORDENADOR. APOIOS TÉCNICOS

* Como alternativa aos aspectos instrumentais: escrita, 
debuxo, matemáticas…….

* Como axuda nas tarefas escolares 


ADAPTACIÓNS PARA ACCEDER AOS DISPOSITIVOS ESTÁNDARES


  • Carcasa para o teclado, de metacrilato

  • Emuladores de rato
 con Joystick 
 Trackball
 Big Track

FONTE: TIC y discapacidad motora

O CONTROL DO ORDENADOR A TRAVÉS DA MIRADA: Tobii

No caso de persoas con discapacidade motora pode ocorrer que teñan dificultades ou imposibilidade para manexar un rato e/ou un teclado. Para eses casos desenvolveuse este recurso, que permite o control total do ordenador polo movemento dos ollos.
Este equipo substitúe ao rato nas aplicacións para Windows.
Permite ao usuario colocar o punteiro do rato en calquera lugar da pantalla do ordenador simplemente mirando a ese punto. 
Realízase a pulsación dos botóns do rato parpadeando, ou ben, mantendo o punteiro no lugar desexado durante un tempo predeterminado.
En combinación cun teclado na pantalla permite ao usuario comunicarse por texto ou voz. Varias opcións para emular a pulsación dos botóns do rato proporcionan ao usuario acceso completo a todas as funcións de Windows, incluíndo pulsar, arrastrar, dobre pulsación, pulsar co botón dereito, etc.
O software está deseñado para executarse en segundo plano mentres o usuario utiliza calquera outra aplicación de Windows. 
Utilízase para escribir, navegar por Internet, correo electrónico, deseño asistido por ordenador, xogos...... 
Así pois,"Tobii PCEye" é un rato de mirada que pode ser instalado en calquera ordenador persoal con sistema operativo Windows. 


REQUISITOS FUNCIONAIS DO USUARIO: 

Para que o usuario poda utilizar este producto, require ter un bo control ocular, dispoñendo de funcións visuais con ningunha ou lixeira deficiencia 

FONTE: TecnoAccesible