FAMILIAS DE NENOS CON DISCAPACIDADE NO NADAL


Para a maioría das familias, o Nadal é un tempo de celebración e diversión.



A maioría de nós probablemente admitiría que goza da pura compracencia das festas de Nadal.

Con todo, se un membro da familia ten discapacidade e/ou  dificultades de aprendizaxe, pode ser unha historia diferente.

Os cambios  na rutina dun neno poden perturbar o seu día a día, e o Nadal en moitas ocasións, supón un cambio nas formas de actuar para toda a familia.

O Nadal pode ser un momento moi estresante para os pais e nais que teñen que equilibrar as necesidades de toda a familia.


Recollemos seguidamente  as seguintes  suxestións e consellos cara as festas que están a piques de comenzar:


Os agasallos e xoguetes para nenos ou nenas con discapacidade.
A elección dun agasallo para un membro da familia que ten discapacidade, pode ser unha loita......

Atopar un agasallo que sexa apropiado para a súa idade, pero tamén, adecuado para a súa capacidade e o seu desenvolvemento, nunca é fácil.

A veces, as nais e pais atópanse ante un forte compromiso cando teñen que explicar aos familiares por que algo que adquiriron non é adecuado.

Desenvolver os agasallos e a apertura de cousas novas pode crear ansiedade e confusión. A expectativa de abrir un agasallo tras outro o día de Nadal, en ocasións, é abafadora para o neno.
Unha boa solución podería ser a de pedir a amigos e familiares  un único agasallo. Desta maneira, pódese elixir algo máis adecuado, e o seu fillo non vai estar sobrecargado con tantos obsequios.
Tamén, pode envolver algúns dos seus xoguetes favoritos. Pode ser moi tranquilizador desenvolver algo familiar.






Percepción dunha importante sobrecarga sensorial.

A interrupción da rutina normal, lugares descoñecidos, os cheiros, as multitudes, as luces, a casa chea de ruído e xente. 
O Nadal, vista desde os ollos dun neno con necesidades especiais,  adquire unha perspectiva totalmente diferente. Trata de mirar o mundo desde o ángulo do teu fillo.




Mantén un horario nas actividades diarias para darlle toda a túa atención, mesmo se é só durante 10 minutos.

Dar un pouco de tempo "libre de Nadal" todos os días. Crear unha zona "libre de Nadal" na súa casa onde o neno poida sentirse seguro e sobre todo tranquilo. 



HÁBITOS NAS FAMILIAS CON NENOS DISCAPACITADOS

As familias que se enfrontan ao reto de que un dos seus membros teña algún tipo de necesidade especial, suelen ser familias loitadoras, con hábitos e costumes saudables, valores sólidos e fortes principios que tiveron que pasar en ocasións por verdadeiros calvarios, tomando decisións polo camiño, a veces, difíciles. Todas estas circunstancias son as que axudan dalgunha forma a adquirir maior fortaleza familiar sorteando calquera obstáculo que a propia discapacidade poda poñer nas súas vidas e dos demáis fillos.

Sinalaremos a continuación algúnhs bos  costumes para familias con nenos discapacitados

1.- A familia é o primeiro

As familias con nenos discapacitados, teñen claras as súas prioridades e a importancia do núcleo familiar. Saben que o seu traballo diario é moi importante, pero nunca tanto como os seres queridos e a súa familia; por tanto a dedicación que se teñen entre pais e fillos significa moito para todos.



2.- A perfección non é unha meta principal

As familias teñen que poñer a súa meta no progreso diario e non en buscar "a perfección", entendemos que é máis importante que centrarnos en perfeccionar unha meta xa alcanzada. Esta sinxela decisión permítennos mellorar a todos e sentirnos mellor.

O perigo de buscar a perfeción é centrarnos demasiado en algo que nos faga perder o rumbo do desenvolvemento diario e, con iso, a mirada nas habilidades que serán necesarias máis adiante.


3.- Propoñer metas claras e realistas
As metas que se han de propoñer as familias han de ser específicas e posibles de alcanzar. Saber o que queren lograr e obter a motivación necesaria entre todos para alcanzar as metas propostas.

Ter claras as ideas e levar a cabo accións eficaces para conseguir os desexos e metas, dará a perspectiva do camiño percorrido e a onde queremos chegar.


Ter un plan/programa  de accións a realizar e executalo, é unha boa idea.


4.- Tomar decisións
En moitos casos hai que tomar decisións firmes e contundentes como a educación, tipos de rehabilitación, tratamentos médicos, operacións......

Unha  vez tomada  a decisión, hai que  propoñerse  facer todo o necesario para asegurar o éxito.


A fluidez na toma de decisión axudará a gañar confianza entre todos e, ademais, xurde a capacidade e o esforzo para facer que as cousas sucedan tal e como nun principio se pensaron e se planificaron.




5.- Os problemas non deteñen
A tensión que moitas veces resulta de enfrontarse e resolver problemas, pode chegar a ser un impedimento no desenvolvemento e no progreso dos fillos. 

Mais, se todos os membros da familia céntranse nas accións  para mellorar a actual situación, entre todos, consíguese pensar con máis claridade e ter ideas positivas, o que abrirá as portas a novos camiños e mellores solucións.

Hai que esquecer calquera sentimento negativo para seguir o camiño planficado.




6.- O fracaso non fai perder o camiño

Moitas persoas din que o fracaso é unha parte do  crecemento e desenvolvemento. Nas familias con nenos con necesidades especiais ou discapacidade, os contratempos e erros enténdense como oportunidades para aprender, desenvolver novas habilidades, e ser aínda mellor entre todos. Non importa cantas veces caiamos, sempre que sexamos  capaces de volver a levantarnos e de que utilicemos esa nova forza e esa nova experiencia para mellorar, porque sabemos que en realidade non foi un fallo, simplemente foi un tropezo.

7.-Deporte, saúde e diversión
O deporte fainos máis saudables; é estupendo practicar todos xuntos, en familia, non só para o equilibrio físico senón tamén para o mental.

Unha boa saúde da a liberdade e a enerxía para gozar plenamente da vida en familia. As familias que lidan a diario coa discapacidade, han de ser conscientes de que deben estar mental, física e emocionalmente sans, para así poder enfrontarse ao día a día, a propia familia xa conta con iso. 
Hai que  saber como relaxarse e divertirse, saber da importancia de darse polo menos unhas vacacións xuntos para "recargar" e saborear todo o que temos que disfrutar.

8.-Os cambios poden ser importantes para seguir desenvolvendo habilidades.

As estratexias e os plans poden cambiar, pero non tanto como para sentir frustración cando eses cambios son inesperados. Debemos ser conscientes de que hai máis dunha maneira de chegar ao éxito e non poñer pegas a novas situacións por medo, inseguridade, descoñecemento; por exemplo: a novos tratamentos -indicados polos especialistas-, terapias ou novos dispositivos ou próteses que axuden a mellorar o desenvolvemento do neno......).

9.-Seguir aprendendo
Seguir aprendendo motivaranos e manteranos alerta para calquer novo desafío. Manternos ao día sobre investigación, movementos sociais e como se vive a discapacidade noutras comunidades. Non debemos deixar de aprender e estar sempre abertos a mellorar.

10.- Non rodearse de xente negativa nin centrarse en cousas negativas

É bastante fácil deixarse contaxiar pola enerxía negativa cando se está preto de persoas tóxicas que sempre se están queixando e poñendo escusas ao que non fan e deben facer.

Debemos rodearnos doutras familias e persoas positivas e proactivas que nos inspiren para acadar os nosos logros e vivir plenamente.


Non debemos perder o tempo con pensamentos negativos, nin centrarnos no que podería saír mal; en cambio, sí debemos preocuparnos de facer o posible para que as cousas vaian bién.

Os xogos en familia e con amigos  sempre resultan unha  situación agradable. 

11.- Non ir de vítimas pola vida
Non serve de nada o "victimismo" no ámbito da discapacidade, si o pedir axuda e información. Temos que dar unha gran importancia a ser felices e estar tranquilos, tendo o control completo de actuacións  que inflúan na familia. Seremos nós, en última instancia, os responsables da nosa propia felicidade.

12.- Ser agradecidos

Buscar momentos para crear un ambiente de tranquilidade e lembrar as cousas positivas do día, ter momentos para o humor, a risa....... aumentaremos o estado de ánimo e estaremos máis motivados para seguir desenvolvéndonos como familia.

FONTE: PlazaToy

No hay comentarios:

Publicar un comentario