ALIMENTACIÓN E AXUDAS PARA A LIMITACIÓN MOTRIZ




CULLER ANTIDERRAMES (MADDAK)

Mantén a comida no utensilio e limita a cantidade de derrames. Recomendable para líquidos e alimentos como millo, arroz, chícharos, etc. Para nenos e adultos con tremores, coordinación limitada e/ou debilidade nas extremidades superiores




CULLER PLÁSTICA CON ÁNGULO
Para persoas con mobilidade limitada en extremidades superiores ou diagnosticadas con trastornos neurológicos, derrame cerebral, artrite, fracturas de boneca, disfuncionalidade en ombreiro, ou, parálise cerebral. Permite obter comida con movementos sinxelos do cóbado, minimizando movementos do ombreiro e antebrazo. A forma da culler evita que os alimentos se derramen.







CUBERTOS DE MANGO ANCHO (MADDAK)

Cubertos con mango extra groso , para as persoas con artrites, debilidade en agarre ou outras limitacións de man. Inclúe 4 pezas.
Lixeiros e fáciles de lavar.








CULLER ANTIDERRAMES - HALO CUP (MADDAK)

Vaso con base de aureola que proporciona estabilidade e reduce a posibilidade de derrames accidentais. O deseño do mango elimina o esforzo exercido durante o agarre. Tamaño adecuado para mans pequenas. Contén 6.5 oz (192ml).


CUBERTOS FLEXIBLE DE MANGO ANCHO (MADDAK)
Cubertos con mango extra groso para as persoas con artrites, debilidade en agarre ou outras limitacións de motricidad e forza.  O metal é flexible para que o usuario atope o ángulo adecuado para facilitar a súa alimentación.
Pezas dispoñibles Culler e Garfo, por separado.
Lixeiros e fáciles de lavar.



FONTE: Ability

No hay comentarios:

Publicar un comentario