DESENVOLVEMENTO E AVALIACIÓN DO NIVEL DE CONCIENCIA FONOLÓXICA (CF)


Compartimos unha táboa resumen do desenvolvemento esperado, en termos de conciencia fonolóxica, segundo a idade dos nenos, parécenos de utilidade ter claros uns estándares para poder pensar e implementar programas de instrución de conciencia fonológica.

Aos 4 ANOS


  • Pode escoitar atentamente e discriminar sons.
  • Pode discriminar palabras en frases.
  • Pode discriminar palabras de pseudopalabras.
  • Pode dicir se dúas palabras riman.
  • Pode xerar unha rima sinxela a partir dunha palabra (p.ex. Sol, gol...).
  • Pode aprender a facer estas actividades.

Aos 5 ANOS

  • Pode discriminar palabras longas e curtas (contar sílabas).
  • Pode illar e manipular sílabas iniciais e finais.
  • Pode illar e manipular o son inicial dunha palabra.
  • Pode separar a pronuncia dos sons en palabras de dúas ou tres fonemas (p.ej pan en [p][a][n]).



Aos 6 ANOS

  • Pode illar e pronunciar todos os sons en palabras de dúas, tres e catro fonemas.
  • Pode separar a pronuncia dos sons de palabras de catro fonemas que conteñen grupos consonánticos ao comezo da palabra .
  • Pode manipular (suprimir, engadir, substituír) sons iniciais e finais de palabras de tres ou catro fonemas. (p.ex: Que palabra resulta se a balón sacámoslle o /b/?: Alón; Que palabra resulta se á palabra casa engadímoslles un a?: Acasa; Que palabra resulta se á palabra p de pan cambiámola por un /t/?: Tan)

Aos 7 ANOS


  • Pode illar e pronunciar os sons de palabras que conteñen grupos consonánticos iniciais (p.ej flor en [f][l][o][r]).
  • Pode separar os sons en palabras que conteñan grupos consonánticos iniciais, finais e mediais.



Unha vez visto o nivel de desenvolvemento evolutivo esperado vexamos, como podemos  avaliar o nivel da conciencia fonológica, co obxectivo básico de identificar aqueles nenos  que poidan estar en situación de ter algunha dificultade para aprender a ler e que requiran unha axuda extra e, ademais, controlar de forma regular o progreso dos nenos e nenas que están a adquirir  a CF.

Cando facer a avaliación da CF?
Cando os nenos entran á escola con 3 anos presentan diferenzas importantes  no campo da conciencia fonológica debidas,  principalmente, ás diferentes contornas lingüísticas dos que proveñen.
Así, mentres a avaliación da conciencia fonológica na EI (4-5anos) pode ser considerada como unha axuda para detectar, o máis pronto posible, os alumnos que terán problemas de aprendizaxe na lectura, en primeiro ou segundo de primaria (6-7 anos) sería necesario considerala como un indicador do progreso dos nenos e dos que continúan tendo dificultades neste campo.

Como avaliar a CF?
Desde que se iniciaron as primeiras investigacións de conciencia fonológica a principios dos 70, usáronse máis de vinte tarefas diferentes para medir a CF. Estas tarefas poden ser agrupadas en tres grandes categorias: 

  • comparación de sons, 
  • segmentación de fonemas e 
  • combinación de fonemas.


Tarefas de comparación de sons: utilizan diferentes formatos que requiren que o neno faga comparacións entre os sons en diferentes palabras. Por exemplo, pídeselle que indique que palabra ou palabras empezan ou acaban co mesmo son que a palabra dada (p.ex: Que palabra empeza polo mesmo son que mona?; pera - sala - mesa). Tamén hai tarefas que requiren que o neno diga palabras que teñan o mesmo son inicial. As tarefas de comparación de sons son particularmente apropiadas para o parvulario, porque non requiren un coñecemento explícito dos fonemas.


Tarefas de segmentación de fonemas: requiren un nivel de CF porque implica contar, pronunciar, suprimir, engadir i variar a orde dos fonemas individuais en palabras. Exemplos comúns deste tipo de tarefas requiren que o neno pronuncie os fonemas individuais en palabras (p.ex: Di un por un os sons da palabra sol?); suprimir sons dunha palabra (p.ex: Di a palabra flor sen o son /r/), ou contar sons (p.e : Pon un sinal - unha raia - para cada son da palabra casa).

A habilidade en combinar fonemas: só se pode valorar cun tipo de tarefa. Consiste en pronunciar unha serie de fonemas illados e pídese ao neno que os una para formar unha palabra (p.ex: Que palabra pódese facer con estes sons /f/, /l/, /a/, /n/?. Unha variante sinxela da tarefa de combinar fonemas pode ser permitir aos nenos que escollan entre dous ou tres debuxos que representan algunhas das palabras que se lle din cos fonemas illados.
FONTE: Cuentos para crecer

Ningún comentario:

Publicar un comentario