AVALIAR O NIVEL DE CONCIENCIA FONOLÓXICA. GUÍA PRÁCTICA

Como podemos avaliar o nivel de conciencia fonolóxica? Hoxe deixámosvos unha guía moi práctica para que poidades crear as vosas probas de avaliación.
As actividades teñen que estar en orde, só desta maneira veremos en que punto evolutivo está o neno e poderemos iniciar a instrución desde o lugar adecuado. A orde lóxica é o que vos propoñemos aquí debaixo. 

Orde das actividades + actividades propostas

Todas as actividades aquí presentadas están ordenadas pola orde que deberían ser presentadas aos nenos para que a proba poida ter validez a secuencia é imprescindible.


1. Conciencia léxica (palabras e frases)

  • Identificación de palabras en frases.
    • Actividade Proposta. Contar palabras dentro dunha frase (palmeo).
    • Actividade Proposta: Levantar a man cando oiamos unha palabra dentro da frase.
  • Manipulación.
    • Presentar a frase escrita sen espazos e ser capaces de dividila correctamente (podedes descargar exemplos .
    • Ordenar frases. Recortar palabras e o neno manipulativamente pode crear unha frase con sentido .


Aquí atoparás exercicios C.Léxico c.lexico_exercicios  

2.  Conciencia de Rima


Aquí atoparás Exercicios C. Rima exercicios_rimas 

3. Conciencia Silábica
  • Análise ( identificación).
    • Separar palabras en sílabas.
    • Nota a sílaba inicial.
    • Nota a sílaba final

  • Manipulación
    • Engadir primeiro sílaba ao final.
    • Engadir sílaba ao comezo.
    • Suprimir sílaba final.
    • Suprimir sílaba inicial.

Aquí atoparás exercicios concienciasilabica


4. Conciencia de Fonema  

  • Análise (cálculo fonémico )
    • Análise ( identificación)-(esta área serían 3 tipos de actividades).
    • Separar por palabras fonemas.
    • Nota o fonema inicial.
    • Nota fonema final
  • Engadir e suprimir.
    • Engadir primeiro fonema ao final.
    • Engadir fonema ao comezo.
    • Suprimir fonema final.
    • Suprimir fonema inicial

Aquí atoparás Exercicios C.Fonema concienciafonema 

FONTE: Cuentos para crecer

No hay comentarios:

Publicar un comentario