AULAS I+I: INCLUSIVAS E IGUALITARIAS. TADEGA CO PLAN PROXECTA

   


TADEGA sigue con bo ritmo!

Hoxe TADEGA preséntanos outra nova, tamén como a anterior, de moito calado: 

Plan Proxecta da Consellería de Educación asinado con TADEGa e titulado "Aulas I+I" ( http://www.edu.xunta.gal/portal/node/19760 ).

"Os datos básicos, ademais da web volos indicamos aquí:
  • Ámbito: convivencia / igualdade.
  • Definición: identificación, posta en valor e activación de estratexias que favorecen a inclusión das persoas con capacidades diferentes nas aulas.
  • Temporización: curso completo.
  • Alumnado: 5º e 6º de educación primaria, 1º e 2º da ESO
  • Límite de centros participantes (para este curso): 5.
  • Criterios de selección (entre outros):
    • Idoneidade e calidade do proxecto.
    • Porcentaxe do profesorado implicado no programa.
    • Participación do Departamento de Orientación e da Dirección do centro.
Seguro que coñeces centros nos que realmente hai inquietude, implicación e compromiso. Como vedes, non queremos ser moitos, queremos ser os mellores ;-)" - sinala o seu presidente no escrito que me dirixe e que me tomo a libertade de participarvos polo interesante que me parece.

No hay comentarios:

Publicar un comentario