LECTURAS: A ESPINA BÍFIDA CONTADA POR NACHO. NACHO TENISTA.


Imagen: Fundación ONCE, NACHO PISTA TENISTA



"Nacho naceu con espiña bífida e non pode mover ben as pernas, por iso usa uns bastóns para camiñar". Así se presenta a este pequeno tenista afectado por unha malformación que afecta á columna vertebral e á medula espinal. El mesmo conta como antes de cada partido dialoga con "Colum", a súa columna, para que non lle falle durante o xogo, a pesar de que compita contra o rival máis forte.

Este conto forma parte dunha colección de seis narracións, iniciativa da Fundación ONCE, que son accesibles en papel e en formato dixital, como audiolibro, para garantir o acceso a todas as persoas. As voces da narradora e do protagonista son diferentes para que os oíntes distingan a cada un.
FONTE: Eroski-consumer

No hay comentarios:

Publicar un comentario