LECTURAS: "CONTOS QUE CONTAXIAN ILUSIÓN". ONCE.


O obxectivo desta colección de lecturas é amosar as vivencias de nenos e nenas con discapacidade a través das súas divertidas aventuras.


CUENTOS QUE CONTAGIAN ILUSIÓN

Conscientes do papel que teñen os libros para o cambio e mellora das sociedades, Fundación ONCE conta coa iniciativa "Contos que contaxian ilusión", con seis títulos distintos cuxos protagonistas son nenos con discapacidade que conseguen o seu soño. Estes contos, accesibles en formato on-line, foron traducidos a todas as linguas cooficiais de España, así como ao inglés. 

É unha forma de poder chegar aos máis pequenos e de facerlles ver que "non todos os nenos son iguais senón que todos somos diferentes, promovendo así a non discriminación e valores como a tolerancia e o respecto".


O  obxectivo deste proxecto, cuxa idea orixinal é de Concausa, é mostrar as vivencias de nenos e nenas con discapacidade a través das súas divertidas aventuras. Así,  as autoras dos contos, Eva Latonda e Maru García, trasladan aos lectores aos mundos de Nacho, Aitor, Rosalía, Amador, Aurora e Silvina que nos mostran os seus desexos de ser tenistas, pilotos de aviación, espías, actores, locutores ou bailaríns. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario