LECTURAS: ANDREA, UNHA MIRADA DE LEDICIA AO SÍNDROME DE DOWN

Andrea Down 



Andrea é, como Charlie, unha moza con síndrome de Down "que mira o mundo desde un punto de vista diferente". "É rotundamente feliz, non pode concibir a vida con amargura", asegura o seu creador. Este personaxe é o protagonista dunhas tiras publicadas na internet, tiras "webcómicas", que en tres viñetas transmiten ideas sinxelas sobre as que reflexionar.

O personaxe de Andrea está baseado nunha persoa real, a irmá do autor das tiras, que pretende "achegar o seu granciño de area á integración das persoas con síndrome de Down". Con este fin, xa se publicaron máis dun centenar de tiras con outras tantas situacións sobre as que meditar pero, sobre todo, das que aprender. Todas se recompilan no cómic 'Xeado de ovos fritos', que inclúe 16 tiras inéditas.

FONTE: Consumer

No hay comentarios:

Publicar un comentario