UNHA FERRAMENTA QUE NOS AXUDA A ESCRIBIR (DM)

Glifo, ferramentas de deseño e escritura para nenos con discapacidade motora

Co proxecto Glifo - Leave a trace, o deseño e a creatividade póñense unha vez máis ao servizo das persoas e, en especial, das persoas con máis dificultades. Desenvolvido por un equipo de deseñadores e estudantes da academia milanesa NABA -composto por Elisa Castelletta, Giovanni Dipilato, Sara Monacchi, Andrea Pelino e Luca Toscano-, Glifo é unha colección de ferramentas de deseño para escritura pensadas para que os nenos e nenas con discapacidade motora relacionada co sistema nervioso poidan expresar máis facilmente a súa creatividade e o seu mundo interior. O proxecto é o froito dunha estreita colaboración coa organización sen ánimo de lucro Tog (Together to Go) -desde 2011 axuda á rehabilitación dos pequenos con patoloxías neurológicas complexas- e co Fab lab italiano Open Dot. 
Producida con ferramentas de fabricación dixital e impresión 3D que permiten personalizar cada detalle en función das necesidades e preferencias dos nenos, a serie Glifo conta con portapapeles e con tres mangos diferentes (Gee, Le e Eff), cada unha das cales se adapta as distintas posturas das mans ou dos dedos, facilitando de tal forma os movementos necesarios para escribir e debuxar. Segundo Toscano, Glifo estará dispoñible ao público en breve: -Estamos a traballar no seu lanzamento, organizando a produción e outros detalles, tan pronto teñamos noticias avisarémosvos-.







FONTE:Chiara Giordano para Experimenta magazine

No hay comentarios:

Publicar un comentario