EXERCIZOS PARA MELLORAR AS DISFEMIAS

Os exercicios que expoñemos a continuación, para a tartamudez, estarán enfocados a reducir as aparicións dos bloqueos que se dan na fala.

Lembremos que a tartamudez é un trastorno da comunicación e non un trastorno da linguaxe que está caracterizado por bloqueos no fala que poden ir acompañados de tensión muscular.

Que tipo de exercizos se realizan para mellorar a tartamudez?

Abordaranse desde os seguintes 5 puntos, en termos xerais:

  • Relaxación
  • Respiración
  • Ritmo
  • Contorna
  • Aspectos psicolóxicos
  • Exercicios de relaxación para a tartamudez

O obxectivo da relaxación será que o alumnado tome consciencia do que significa estar ou non relaxado. Estes exercicios axudarán a diminuír a tensión muscular para que o paciente aprenda a controlala.


Existen diversos exercicios de relaxación:

Exercicios de relaxación para nenos con tartamudez.

Relaxación de Koeppen: é unha técnica de relaxación parecida á de Jacobson pero na que predomina a imaxinación para que aos nenos lles sexa máis sinxelo realizalos. O neno imaxina que ten un limón nas mans e que debe espremelo, que é un gato e tense que estirar como el, etc.

Exercicios de respiración para disfemia

O obxectivo destes exercicios de respiración é que o paciente controle e domine a coordinación fono-respiratoria.

A respiración é un proceso moi importante na fonación. As persoas con esta dificultade na fala cortanna por unha mala respiración. A máis adecuada é a costo-abdominal, esta respiración tamén se denomina espiración completa xa que nela interveñen o diafragma, a musculatura abdominal e as costelas. Trabállase deitado. Colocaremos no abdome do paciente un obxecto, un libro por exemplo, para que poida observar a súa respiración, ao ver como sobe e baixa o obxecto. Traballarase primeiro sen fonación, tan só respirar e expirar. Cando o alumno controle a respiración sen son, poderemos comenzar a practicar a respiración coa fala.

Exercicios de ritmo para a tartamudez


A familia de alumnado con este trastorno, é moi convinte que estea implicada no proceso e colaborar na corrección, por exemplo, falándolle con frases curtas, con máis prosodia e control. Ademáis de lembrar deixar tempo ao neno para que exprese o que pensa, sen présas nin abafos

O ritmo deste tipo de alumnado pódese traballar con:

Enmascaramento: enviar un ruído ao oído do alumno/a, de modo que enmascare a súa fala. Esta técnica corta a retroalimentación negativa, oen mal articulan mal.

Fala prolongada: consiste en que o alumno/a alongue as vogais das palabras xa sexa en posición inicial, media ou final.

Fala gesticulada: esta técnica consiste en apoiar a fala en xestos naturais, que faciliten a fluidez verbal. Axuda a facer a conversación máis real e a darlle máis fluidez.

Todos estes exercicios axudan a eliminar os bloqueos do alumnado disfémico, máis adiante. Cando o paciente xa teña interiorizado os exercicios de respiración, relaxación e ritmo, poderemos pasar a exercicios máis complexos aínda que sempre partindo da base da respiración, relaxación e ritmos adecuados.

Exercicios na contorna.

Na intervención do alumnado con disfemia, será de gran axuda fomentar e crear unha contorna adecuada dando pautas á familia, ao colexio en caso de nenos pequenos,  e se os nenos son maiores tamén se lle poden dar pautas para que poidan tentar controlala.
É moi importante que cando coñezamos a alguén con problemas da fala deste tipo, lle deamos o tempo suficiente para poder expresarse.

Exercicios do aspecto psicolóxico para a tartamudez

Estes exercicios sería convinte que foran traballados polo orientador a través dun programa  que lle axude a fomentar unha adecuada imaxe de si mesmo, facéndolle ver os seus puntos fortes así como alentalo hacia o esforzo e mellora diarios. Debemos darlle estratexias para axudalo a diminuír a ansiedade, desenvolver seguridade en si mesmo, aumentar a autoestima, etc.

Outros exercicios ou recomendacións 

  • Durmir 8 horas diarias.
  • Non comer alimentos picantes.
  • Non inxerir en bebidas estimulantes; café, coca-cola, té, etc.
  • Non ver demasiados debuxos ou películas agresivas xa que adoitan xerar unha gran tensión.
  • Se coñecemos a algunha persoa con este trastorno da fala, sexa adulto ou neno lembremos:

"É máis importante fixarse no que a persoa está a dicir que en como o está a dicir."

  • Hai que ter paciencia deixando que se exprese tranquila e relaxadamente.

FONTE: Jessica Piñeira Díaz

No hay comentarios:

Publicar un comentario