USO DAS TIC EN AUDICIÓN E LINGUAXE


As TIC constitúen un elemento máis no proceso de intervención co alumnado que precisa apoio na área da comunicación, linguaxe e fala. Por tanto, o seu uso está relacionado coa avaliación, cos obxectivos, coa selección doutros recursos; dependen en gran parte da metodoloxía e están integradas na secuencia de actividades. A resposta educativa ás necesidades do alumno ou alumna abarca tanto o contexto escolar (centro, aula ordinaria e aula de apoio) como o contexto familiar.

Xunto a isto, consideramos que comunicación, linguaxe e fala non constitúe un ámbito illado, senón que está relacionado co resto de áreas de desenvolvemento e coa maioría de áreas curriculares, existindo por tanto unha estreita relación coas competencias básicas.



Estas son algunhas das razóns para utilizar as TIC:


  • Permiten a participación dos ACNEAES en contornas inclusivas.
  • Permiten aproveitar a canle visual, unha das fortalezas que posúen a maioría dos nosos alumnos.
  • A motivación que neles esperta o uso dos computadores e outros dispositivos móbiles facilita a aprendizaxe e o adestramento de habilidades específicas da nosa área.
  • A  versatilidade da tecnoloxía  ofrece a posibilidade de adaptar en función das necesidades de cada alumno, de axustarnos ao que cada un necesita.
  • Facilitan o uso de metodoloxías activas e contribúen á personalización da aprendizaxe. Posibilitan a interacción, favorecendo actitudes de axuda e colaboración.
  • Contribúen a centrar a atención e ao desenvolvemento da memoria, capacidades básicas en todo proceso de aprendizaxe.
  • Achegan a realidade e facilitan a comprensión do abstracto.
  • Permiten que o alumno aprenda en calquera momento, en calquera lugar e con calquera dispositivo.
  • Fomentan a iniciativa e a autonomía na realización de tarefas.
  • Facilitan a selección e organización de recursos, convenientemente catalogados.
  • E por último, facilitan o establecer canles de colaboración co resto de profesionais e coa familia.

FONTELucía Fernández Vivancos

No hay comentarios:

Publicar un comentario