ELABORACIÓN DE RÚBRICAS CON ÉXITO. 5 COUSAS QUE DEBES SABER

NON SON OBRIGATORIAS as RÚBRICAS, pero si un elemento que ven a sumar, nunca a restar. Podémolas usar nas redaccións, nos traballos de presentación, en tarefas finais moi concretas. Para avaliar outros aspectos podemos utilizar o portafolio e para contidos moi específicos probas de elección múltiple ou de completar, ademais dos exames tradicionais de preguntas de desenvolvemento (longas e curtas)


1-Que é unha rúbrica?

É unha ferramenta para axudar á avaliación que pode resultar especialmente útil cando hai que avaliar aspectos complexos, imprecisos ou subxectivos. Consiste en preparar unha matriz de valoración que recolla os elementos que queremos avaliar e fixe, en cada un deles, os criterios que usaremos para darlles un valor ou outro.

2-Utilidade

A rúbrica é útil para establecer de forma clara e precisa os elementos que compoñen unha actividade de aprendizaxe determinada e axuda, por tanto, a dispoñer dunha guía explícita para realizar a tarefa, o que resulta beneficioso para os alumnos.

As rúbricas son especialmente útiles para realizar unha avaliación obxectiva e consistente de actividades como traballos grupais, presentacións orais, traballos escritos individuais ou prácticas en laboratorio, entre outras.

3-Tipos de rúbrica? 

Comprehensiva, holística ou global: a que considera a execución do alumno como unha totalidade sen xulgar por separado as partes que a compoñen. Permite cualificar a totalidade do traballo.


Analítica: mediante ela avalíase por separado as diferentes partes ou compoñentes do produto ou desempeño, de modo que a retroalimentación que pode proporcionarse ao alumno é máis complexa, ampla e definitiva.

4-Para quen?

Utilizada como ferramenta de avaliación, a rúbrica é útil para o profesor; se se usa como ferramenta de traballo conxunto (avaliación formativa), tanto o profesor como o alumno poderán saír beneficiados.

Para o profesor supón unha axuda encamiñada a:


  • Definir claramente a tarefa e os obxectivos de aprendizaxe aos que responde, así como o modo de alcanzalos, o que promove que o alumno aprenda mellor;
  • Especificar os criterios de avaliación;
  • Concretar e describir cualitativamente, non só cuantitativamente, os distintos niveis de logro que o alumno pode alcanzar (cales son as evidencias desexadas para constatar o nivel de logro das competencias/obxectivos definidos previamente?);
  • Clarificar e vincular obxectivos de aprendizaxe e avaliación coas actividades e contidos do curso;
  • Reducir a subxectividade da avaliación;
  • Medir o desempeño do alumno mediante criterios cuantitativos, cualitativos e/ou mixtos.

5-Para o alumno supón:

  • Un coñecemento das pautas que ha de seguir para alcanzar o éxito na tarefa encomendada;
  • unha guía eficaz para revisar os seus traballos antes de entregalos finalmente ao profesor;
  • unha ferramenta eficaz para a autoavaliación xa que mediante ela pode identificar facilmente as súas fortalezas e debilidades nas áreas que debe mellorar;
  • coñecer os criterios cos que vai ser avaliado, o que é unha axuda para organizar e dirixir o seu estudo dun modo ou outro;
  • unha ferramenta eficaz para valorar aos compañeiros (no caso de que se use a avaliación por pares);
  • a adquisición dunha maior conciencia do seu propio proceso de aprendizaxe; traballando coa rúbrica pode ver o proceso que seguiu para chegar ao dominio ou non dunha competencia ou tarefa, que lle custou máis ou que non, etc.
FONTE: Imágenes Educativas

No hay comentarios:

Publicar un comentario