MALFORMACIÓNS DA MANDÍBULA E MAXILAR. 3.- LATEROGNATIA



A laterognatia é a desviación lateral entre a mandíbula e o maxilar. Normalmente aparece de forma secundaria a outras malformacións craneofaciais. Afecta á oclusión dental e á harmonía e estética da cara. Normalmente, acompáñase de asimetría facial.

Pódese tratar mediante ciruxía ortognática (*)

(*) A ciruxía ortognática é a cirugía que corrixe as alteracións de tamaño, forma ou posición dos diferentes ósos faciais: mandíbula, maxilar, mentón, pómulos, nariz, etc.; coa finalidade de solucionar problemas funcionais ou estéticos. Esta ciruxía utilízase en diferentes patoloxías como malformacións conxénitas da cara, do crecemento, apnea do sono ou traumatismos faciais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario