DISLEXIA. PREVENCIÓN DE DIFICULTADES DE LECTOESCRITURA


O alumno con dificultades en lectoescritura non só ten problemas na área de Lingua e Literatura, senón tamén no resto das áreas. O atraso lector ou escritor non só entorpece o progreso escolar senón que ten efectos a longo prazo; o fracaso escolar é o primeiro banzo para o fracaso social polos seus efectos no autoconcepto e autoestima dos nenos, nas súas metas e aspiracións, nas súas relacións sociais e na toma de decisións relativas ao seu futuro académico e profesional.

Coñecendo os procesos lectoescritores, estaremos en mellores condicións para comprender os trastornos que se producen no curso da súa adquisición e previr a súa aparición, así como favorecer a súa correcta aprendizaxe. Para iso, debemos coñecer as relacións entre a linguaxe oral e escrito e os procesos cognitivos implicados no seu desenvolvemento.

FONTE: Orientación Andújar

No hay comentarios:

Publicar un comentario