BENEFICIOS DA LECTURA PARA NENOS

A lectura achega grandes beneficios ás persoas independentemente da súa idade, pero en especial aos nenos. Por este motivo é importante que os pequenos accedan ao máxico mundo dos libros, que estimulará a súa imaxinación, ampliará os seus coñecementos e a comprensión do mundo que lles rodea.


Estes son os principais beneficios da lectura para os nenos:

Mellora a súa capacidade de comunicación. A lectura, favorece a súa capacidade de expresión, xa que aprenden a explicar con maior exactitude o que pensan e senten.

Enriquece a linguaxe e a escritura. Ler, mellora o manexo das normas gramaticais e ortográficas e permítelles engadir novas palabras ao seu vocabulario.

Aumenta a capacidade de memorización, o que favorece a aprendizaxe e mellora o rendemento escolar.

Desenvolve a imaxinación e a creatividade. A través dos libros os nenos empezan a construír a súa propia representación, creando unha realidade na súa mente.

Mellora a súa axilidade mental. Axúdalles a situarse nun contexto e aprender a describir e interpretar diferentes situacións.

Transmite valores e proporciona estándares de comportamento. Os libros infantís deben ser entretidos e divertidos, pero tamén transmitir unha boa mensaxe. A través dos heroes das súas historias, os nenos aprenden valores dunha forma amena.

Desenvolve a súa capacidade de razoamento. A lectura axuda aos nenos para comprender conceptos básicos, aplicar a lóxica en varios escenarios, recoñecer a causa e o efecto e utilizar o sentido común.
Incrementa a súa capacidade de concentración. Aínda que cando son moi pequenos poden distraerse facilmente, co tempo aprenden a manter a atención durante a lectura, mellorando así a súa autodisciplina.

Para que o neno descubra o pracer da lectura, é importante atopar un bo libro que consiga atraparlle. Con tal de conseguilo, débense elixir lecturas indicadas para a súa idade e que respondan os seus gustos. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario