MALFORMACIÓNS DA MANDÍBULA E MAXILAR. 2.- MICROXENIA/MACROXENIA

Microgenia
A microgenia tradúcese nun mentón de tamaño insuficiente con respecto ao resto da cara. Ao tratarse únicamente do mentón, non afecta aos dentes y, por tanto, á oclusión dental. Si que afecta ás proporcións estéticas da cara.
Pódese tratar mediante a ciruxía denominada mentoplastia (*).

Macrogenia 
A macrogenia é unha malformación que se traduce nun tamaño esaxerado do mentón. Ao non afectar á coroa dental, non ten porque ter consecuencias sobre a maloclusión dental aínda que pode estar relacionado. A macrogenia afecta ás proporcións estéticas da cara.
Pódese tratar mediante a ciruxía denominada mentoplastia (*)
(*) A mentoplastia é un procedemento que permite a corrección do mentón pequeno, a microxenia, avanzándoo e proxectándoo cara a adiante. Tamén pode reducilo.
Esta intervención baséase na realización dun corte horizontal entre a coroa dental e o mentón. Unha vez feito o corte, adiántase o mentón e suxétase con parafusos de titanio para a súa cicatrización.
É un erro moi común confundir a mentoplastia cunha intervención para solucionar a retrognatia, xa que ésta só pdese solucionar mediante a osteotomía saxital bilateral de mandíbula.

Ningún comentario:

Publicar un comentario