VARIEDADES ANORMAIS DE PÉ: EQUINO, VARO, VALGO,

PÉ EQUINO. É unha malformación que aparece durante o desenvolvemento fetal.

Pé en estado de extensión debido á retracción do tendón de Aquiles. O antepé atópase máis baixo que o talón, de modo que ao andar só se apoian os dedos, tal como o fan os cabalos.
Será pé equinovaro cando a pranta do pé está deformada hacia o interior. E será  equinovalgo cando a pranta do pé está deformada hacia o exterior.
O pé equino cúrase con reeducación ortopédica. Pero, tamén pode ser sindrómico cando está ligado a unha enfermidade.
                                             Dr. César Galo García Fontecha


GENU VARO e GENU VALGO.

Son cadros patolóxicos que afectan a aliñación dos xionllos, sendo cada un, contrario ao outro. Proveñen das palabras tomadas do latín en que “Genu”, significa xionllo, en tanto que “Varo” é o alonxamento dos membros da liña media do corpo, e “Valgo” é o acercamento dos mesmos. 

Genu Varo: “Xeonllos Arqueados” ou que se alonxan da liña media, e Genu ValgoXeonllos que chocan” ou xeonllos xuntos, en “X”. 

PÉ CALCÁNEO/TALO VALGO
Deformación do pé pola que éste aparece orientado hacia arriba e hacia afora. En casos extremos, a parte superior do pé chega a tocar a parte anterior da perna. Esta deformación é conxénita, é dicir, de nacemento, e pode afectar a un ou ambos pés. O pé calcáneo valgo non produce dor e suele desaparecer por sí solo.

O pé calcáneo=talo valgo suele correxirse por sí só. Pero calquer neno que teña unha deformidade nun pé debe ser avaliado por un médico, xa que o problema pode ser máis difícil de tratar a medida que o neno crece. Polo tanto, é mellor diagnosticar o problema cando o neno é aínda un bebé.
                                                                                    FONTE: Diccionario de medicina VOX. Traumatología Infantil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario