PROGRAMA INSERTA PARA INSERCIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A Fundación ONCE, ante a necesidade de aunar esforzos e adoptar proxectos e accións dirixidas a promover e posibilitar a inclusión plena das persoas con discapacidade na sociedade, desenvolve programas como o Programa INSERTA, a través do cual, identifica socios estratéxicos para o desenvolvemento de accións que posibiliten a inserción laboral directa de persoas con discapacidade no seo de empresas de recoñecido prestixio e pertencentes aos máis diversos sectores económicos.

Os ámbitos de actuación do Convenio INSERTA, son:
  • Como eixo fundamental, o desenvolvemento de Proxectos estratéxicos de xeración de emprego directo e promoción da formación de persoas con discapacidade.
  • Y como eixos complementarios :
    • Integración laboral indirecta.
    • Impulso de accións no ámbito da accesibilidade de bens e servizos.
    • Inclusión de accións e estratexias en torno á discapacidade nos plans de responsabilidade social das grandes empresas.
    • Accións de difusión e sensibilización social.
    • Impulso, promoción e patrocinio de accións que contribúan á inserción laboral.
    • Proxectos que contribúan á mellora do colectivo das persoas con discapacidade.
    • Calquer outro de análoga natureza que sirva para favorecer os obxectivos sociais perseguidos polos firmantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario