INVESTIGAN UN SISTEMA CARA A MELLORAR O CONTROL DA CABEZA E DO TRONCO EN NENOS CON P.C.

A miúdo, as persoas con Parálise Cerebral presentan deterioro de extremidades, tronco e control da cabeza, o que afecta ás actividades da súa vida diaria, a comunicación, a respiración e a socialización. Sen embargo, a maioría dos estudos nos nenos e nenas con parálise cerebral céntranse na avaliación e o tratamento das extremidades, sendo escasas as investigacións que se refiren ao tronco e o control da cabeza. 
 
Estas entidades levan anos investigando e traballando por mellorar a funcionalidade e a calidade de vida dos nenos e nenas con parálise cerebral.

  • En España hai 81.400 personas con parálisis cerebral sendo ésta, a causa máis común de discapacidade física grave de carácter permanente na infancia.
A investigación versa sobre cómo un novedoso sistema podería mellorar o desenvolvemento en nenos con PC severa.

Trátase dunha interfaz montada na cabeza (chamada ENLAZA) para controlar o punteiro do rato mediante a postura da cabeza, permitindo aos usuarios con movementos involuntarios seveiros usar un ordenador.
Sobre a base de que con entrenamento, podense aprender novos movementos, postúlase que o neno ou a nena podería mellorar a postura da súa cabeza e tronco mediante a interacción coa interfaz, utilizando para elo videoxogos.

FONTE: UNED universidad sin barreras. Proxecto Convives con Espasticidad.

No hay comentarios:

Publicar un comentario