MESAS DE ESCOTADURA (III)

A falta de control do tronco, pode responder a un problema de tipo motor. Neste caso, podemos observar, segundo a gravidade da disfuncionalidade, como o tronco cae cara aos lados. 
Mais, tamén podemos atoparnos con alumnado con serias dificultades cognitivas que deixa cair o tronco, pero máis que polos seus problemas motóricos, polo desinterés e falta de motivación.
En ambos casos, recoméndase o uso de mesas de escotadura.

A escotadura debe ser realizada á medida, tendo en conta que o tronco ha de estar ben pegado ao respaldo da cadeira. O taboleiro debe reunir unhas características básicas:
  • Debe ter un borde para evitar que se lle caian continuamente os obxectos, aínda que isto dependerá do grao de gravidade da disfuncionalidade.
  • Debe ser amplo (aproximadamente 60/90 cm). Debemos prever a utilización de materiais adaptados as súas posibilidades de manipulación, ubicación de atril, uso de axudas técnicas á comunicación, xoguetes adaptados, ordenador, tablet, etc.
  • Tamén sería convinte poñerlle un hule antideslizante.
  • Podemos complementar con soportes/asideiros para poder agarrarse a eles e controlar mellor a postura ou manexar mellor a man que queda independiente.
  • Prever a posibilidade de graduarlle a inclinación do plano e posibilitarlle unha función similar á do atril.

  • A altura da mesa de escotadura dependerá do grao de control do tronco que teña o alumno ou alumna.
FONTE: Gallardo Jáuregui, Mª Victoria y M. Luísa Salvador López (1999): Adaptaciones de mobiliario escolar. Discapacidad Motórica. Aspectos Psicoevolutivos y educativos. Málaga. Aljibe (educación para la diversidad).

No hay comentarios:

Publicar un comentario