CADEIRAS ADAPTADAS E REPOUSAPÉS. (IV)


O reposapés permite, aos alumnos e alumnas que presentan espasticidade en equino do pé, conseguir un correcto apoio plantar e como consecuencia de isto, lograr unha inhibición da espasticidade de membros inferiores. Isto favorece a súa vez unha correcta alineación da cadeira e da columna vertebral.
O reposapés ten a ventaxa de poder acoplarse ás patas dianteiras da cadeira para evitar o seu deslizamento. É regulable en altura, adaptándose ás características antropomórficas de cada neno e nena. 





Na procura dunha maior estabilidade do tronco e facilitar que o alumno/a con dificultades motoras, se sente e se erga da cadeira, elaboráronse uns repousabrazos cun sistema que permite a súa adaptación ás diferentes cadeiras escolares. 


Cadeira con separador, respaldo alto, asiento inclinado, repousabrazos e repousapés. A base de sustentación ampliouse para evitar volcos cara atrás.





    

No hay comentarios:

Publicar un comentario