AXENESIA DO CORPO CAIOSO (ACC). Diccionario.

Que é o corpo caioso? É a conexión nerviosa (a ponte) entre os hemisferios dereito e esquerdo do cerebro

A Axenesia do Corpo Caioso é a falta de formación da rexión cerebral chamada corpo caioso, producto dunha alteración no desenvolvemento embrionario que ocasiona a falta parcial ou total deste importante haz de fibras interhemisféricas cerebrais.
Pódese acompañar doutras malformacións como microxiria (circunvolucións cerebrais anormalmente pequenas ou estreitas), trastornos da migración neuronal, asimetría no tamaño dos hemisferios cerebrais ou alteraciones periventriculares.

Causas
  • Algunhas condicións xenéticas, (trisomía 8 e trisomía 18).
  • Condicións ambientais (síndrome de alcoholismo fetal) ou outros factores como poderían ser alguns virus ou      bacterias que invaden o saco fetal nun momento critico.
  • Consecuencia dun efecto secundario a outro evento neurolóxico, tal como, un quiste que bloquea el desarrollo del corpo caioso.
  • Puede aparecer aislada ou asociada a diversas anomalías cerebrais conxénitas tales como: lipomas do cuerpo caioso, quistes interhemisféricos, defectos de migración neuronal, parálise cerebral, síndromes convulsivos e alteracións sensoriales, entre outras.
Características máis comúns
  • Retardo xeral no desenvolvemento, sobre todo nas áreas motora, de coordinación, equilibrio, tono muscular e linguaxe.
  • Cociente intelectual: menor que a norma
  • Problemas coa alimentación: para succionar e masticar, que asimesmo xeran dificultades no control de esfínteres, que, se se logra é hacia os 6 ou 7 anos aproximadamente.
  • Problemas coa visión: Pudendo presentar cegueira desigual e obstrucción das vías lagrimais.
  • A nivel sensorial poden presentar dificultad para sentir a temperatura.
  • Dificultades na aprendizaxe: Fanse máis evidentes ao iniciar a aprendizaxe formal. Non hai un patrón regular de aprendizaxe. Xeralmente existe unha escasa colaboración e atención nas actividades. Está comprobado que as mellores aprendizaxes neste alumnado son as que se realizan a través de rutinas de repetición e por imitación de modelos de conduta.
  • Rasgos faciais comúns: raíz nasal ancha, filtrum largo, paladar oxival y fendidas palpebrais pequenas.
  • Alta tolerancia á dor. 
  • Dificultade na comunicación: ausencia de habilidades verbais e/ou a dificultade de expresarse con coherencia, dificultades na organización do pensamiento. Unha característica destos nenos é que a linguaxe comprensiva é maior que a linguaxe expresiva.
Intervención

A intervención na ACC debe focalizarse no entrenamento de habilidades sociais, e de desenvolvemento motor xeral, traballando en ambientes estruturados e con proxectos de traballo que estean claramente definidos. Pero, antes debemos:
  • Valorar o estado evolutivo do neno, atendendo á actitude postural normal ou anormal e a súa actividade espontánea en decúbito dorsal e ventral.
  • Estudo do tono, forza muscular e rango de movemento articular, valorando as amplitudes articulares como medida del tono muscular pasivo, ángulo de abductores, ángulo de dorsiflexion dos nocelos e "maniobra da bufanda".
  • Estudo das respostas do neno a estímulos sensorio-motrices determinados e,
  • Estudo de reflexos arcaicos.
A partir de aquí se utilizarán técnicas de cinesiterapia ( é un conxunto de técnicas ou procedementos terapéuticos, coa finalidade de tratar as enfermidades mediante a utilización do movemento ) cara a adquisición dos mellores niveis de evolución motriz, de terapia ocupacional, con estimulación global e integración sensomotriz. Así, atendendo ás secuencias do desenvolvemento, lévanse a cabo estimulacións tactís, visuais, vestibulares, e reaccións posturais de enderezamento e equilibrio, é dicir, unha rehabilitación psicomotriz, que fai referencia ao tratamento para o retraso psicomotor e que se centra en obxectivos concretos: psico (cognitivo, comunicación e emocional) e motor (segmentación e automatización), buscando a potenciación máxima das posibilidades físicas e intelectuais do neno mediante a estimulación regulada e continuada levada a cabo en todas as áreas do desenvolvemento, pero sen forzar en ningún momento o curso da maduración do SNC, sempre tenendo aos pais como coterapeutas e amosándolle a forma correcta de realizar os exercizos de maneira que tomen parte activa no tratamento dos seus fillos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario